21 jun 2010

Matemáticas no País

Esta fin de semana o País publicou dous artigos interesantes sobre matemáticas: o primeiro, sobre Perelman e a Conxetura de Poincaré, titulouse
"Denle un problema"
e o segundo,
"Las matemáticas son una ciencia muy barata",
sobre Francisco Santos, catedrático de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Cantabria, quen resolveu a conxetura de Hirsch.

14 jun 2010

10 PORTADAS DE TETRACTIS

As dez portadas de Tetractis no curso 2009-2010


Tempo de colleita

Estamos a finalizar o curso e son tempos de facer balance e recoller os frutos do ano.

Aquí tedes algún exemplo de participación en actividades:

* Olimpíada matemática galega de 2º ESO.
* Olimpíada matemática de bacharelato.
* Premio Luís Freire de investigación para escolares.
* IV Feira Matemática.





12 jun 2010

Feira Matemática

Memoria dunha xornada

Artigo de Manuel Pazos Crespo (Coque), membro do comité organizador da Feira Matemática, para o nº 10 da revista Gamma de Agapema.

Grupo XeoDin

Un grupo de traballo en Xeometría Dinámica
O grupo de traballo Xeo-Din xorde, en novembro de 2005, entre socios de Agapema co fin de traballar xeometría co software de xeometría dinámica: primeiro con Cabri, e logo co Geogebra.

Os obxectivos serían deseñar actividades para a aula e facilitar recursos didácticos para a utilización directa na aula.

Está composto por:
Débora Pereiro Carbajo, CGTD-IES Sánchez Cantón (Pontevedra)
Aia Rodríguez Somoza, CPI Mondariz
Esperanza Gesteira Losada, CGTD-IES Sánchez Cantón
Fernando Zacarías Maceiras, IES As Mariñas (Betanzos)
Ignacio Larrosa Cañestro, IES Rafael Dieste (A Coruña)
Enrique de la Torre Fernández, Ciencias da Educación (UDC)

Na súa páxina web: Xeo-Din

presentan cursos, traballos publicados, ponencias en congresos (Agapema, JAEM,...).
A destacar unha publicación sobre a curva Lemniscata de Bernouilli

11 jun 2010

TETRACTIS 44

Sumario

Probas de selección en EsTalMat
V Congreso de Agapema
25º Aniversario da Casa das Ciencias
A lenda dos mil grous
Orixe dos símbolos matemáticos (por Marta Sobrino Gosenje)
Ortografía matemática (por Adriana Vega Álvarez)

9 jun 2010

Un alumno de Caldas, campión en cálculo mental on-line

O alumno Xu Hong, de nacionalidade china, do CPI Alfonso VII de Caldas proclamouse campión da final internacional de cálculo mental on-line.



Xu Hong é alumno da nosa colega de Estalmat, Marina Germiñas, quen impartirá unha ponencia titulada: "Método sistematizado de cálculo mental", no vindeiro congreso de Agapema, que se celebrará en Ferrol, os días 25 e 26 de xuño.

Máis información en: La Voz de Galicia

Record de presentados en EsTalMat

Foron 330 os alumnos e alumnas que se presentaron ás probas de selección de EsTalMat para o bienio 2010-2012

Foto de Enrique de la Torre


Foto de La Voz de Galicia


A proba de selección celebrouse o pasado sábado 5 de xuño na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela e a ela presentaronse 330 alumnos dos 381 que estaban inscritos.


Os alumnos presentados tiveron que resolver 6 problemas e seleccionaranse 25 alumnos e alumnas que acudirán todos os sábados dos cursos: 2010-11 e 2011-12 a clases impartdidas na Facultade de Matemáticas.


Máis información:

La Voz de Galicia

Estalmat Galicia



2 jun 2010

V Congreso de AGAPEMA

Celebrarase no IES Sofía Casanova (Ferrol), os días 25 e 26 de xuño, co seguinte programa:





Máis información en AGAPEMA

CANGURO MATEMÁTICO 2010

Resultados e premios á fidelidade 2010.


Estes son alumnos que reciben premio á fidelidade no concurso Canguro Matemático 2010 (entre paréntese, número de presentacións e levan '*' os alumnos que comezaron no IES Ramón Otero Pedrayo)

García Torres, Ramón (6, *)
Gestal González, Andrea (6, *)
González Rodríguez, Alex (6, *)
Luis Novoa, Alejandro (6, *)
Rey Casal, Carlota (6, *)
Fernández Quinto, Alejandro (5)
Mouriño Talín, Héctor (5, *)
Orosa Iglesias, Pablo (5, *)
Rivera Rey, Alberto (5, *)
Rodríguez Lorenzo, Sabela (5, *)
Sola Mallo, Xacobe (5, *)

Este ano os resultados foron magníficos, xa que foron moitos os alumnos que superaron a puntuación de 90 puntos.
A máxima puntuación obtida foi a de Pablo Tiagonce Benito (3º ESO), con 98,75 ptos
Por niveis, os tres primeiros clasificados foron:

1º ESO
Carlos Perea Tizón, 95,75 ptos.
Nuria Seoane Lloves, 93,75 "
Gonzalo Villanueva Ortega, 78,50 "

2º ESO
José Manuel González Díaz, 85,00 ptos.
Sergio García Pérez, 76,25 "
Javier Estávez Álvarez, 66,75 "

3º ESO
Pablo Tiagonce Benito, 98,75 ptos.
Xacobe Galán Río, 98,25 "
Victor Fernández Rodríguez, 92,75 "

e así ata 11 alumnos e alumnas por enriba dos 60 puntos.

4º ESO
Marina Combarro Eiriz, 83,75 ptos.
José Cousillas Rey, 52,25 "
María Labandeira Fernández, 51,50 "

1º Bach.
Paloma Tarrío Alves, 70,75 ptos.
Pedro Insua Merelas, 63,25 "
Iago Barcia Bernárdez, 61,50 "

2º Bach.
Ramón García Torres, 57,00 ptos.
Sabela Rodríguez Lorenzo, 51,00 "
Alejandro Fernández Quinto, 48,25 "

Parabens a todos e todas.