30 nov 2010

Un ano de blogue

Este blogue cumple un ano.

Xa vai un ano desde que o 30 de novembro de 2009 tivo a súa primeira entrada, ata chegar a 173, que, repartidas por meses, quedan como indica o gráfico:

29 nov 2010

Instituto GeoGebra de Galicia (IGG)

O documento de constitución foi aprobado o 23 de novembro de 2010.
O Instituto GeoGebra de Galicia forma parte da Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA)


O enderezo oficial do IGG é:
IGG-AGAPEMA
Departamento de Pedagoxía e Didáctica
Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña, s/n
15071 – A Coruña, Spain

28 nov 2010

Historia do 1

Últimas entregas deste documental da BBC, no que tamén participa o matemático inglés, Marcus de Sautoy


27 nov 2010

Obxectos matemáticos cotiás (2)

Segundo poster con obxectos da nosa vida cotiá para descubrir as súas propiedades matemáticas.


Esta segunda proposta está formada por:Cociña solar, foco de xardín, o cadro de Dalí: Semicunca xigante volando", o logotipo de Caixanova, unha botella de auga e unha piña dun piñeiro.
Deixa as túas propostas en comentarios


26 nov 2010

Resolución de Obxectos Matemáticos I

Resolución do primeiro poster proposto
Nesta nova sección de obxectos matemáticos na vida cotiá, propuxemos un primeiro poster con 6 obxectos dos que había que falar das propiedades matemáticas que teñen.

Algunhas destas propiedades son:

Caixa de ferramentas
A caixa de ferramentas utiliza a combinación de paralelogramos articulados para xuntar e separar os distintos departamentos da caixa. Notar que as barras laterais sempre se manteñen paralelas e incluso os lados imaxinarios que unen os vértices desas barras.

24 nov 2010

A calculadora CASIO FX-Fraction

Recuperamos unha ficha de uso da calculadora Casio FX (Fraction) que se publicou no Tetractis (nº 36) de outubro de 2009.

23 nov 2010

Canguro Matemático 2011

Acaba de convocarse o XVIII concurso Canguro Matemático Europeo, unha proba, tipo test, de matemáticas destinada a alumnos de Secundaria e Bacharelato, e na que, na edición do ano 2010, participaron arredor de 6 000 000 de alumnos en todo Europa.
O prazo de inscripción remata o 22 de decembro de 2010 e a proba realizarase o xoves, 17 de marzo de 2011.

Para saber sobre a convoctoria, bases, inscripción, probas de anos anteriores... pulsa aquí:

Canguro Matemático

A nosa participación foi crecendo ano tras ano, tal e como indica o gráfico seguinte e tendo en conta que os alumnos aportan a cantidade de 3€ pola súa participación.
Non dispoñemos dos datos dos anos: 2003 e 2005.

22 nov 2010

Suma solidaria: 12cm + 12€ = 14cm

Unicef acaba de presentar unha nova campaña contra a desnutrición.
A medición da circunferencia do brazo permite identificar a desnutrición.

Esta medición realízana coa particular cinta métrica da foto.

Os nenos entre 6 meses e 5 anos cunha circunferencia do brazo inferior a 11,5 cm sofren desnutrición aguda grave.

Coa campña, Unicef tenta sensibilizar á xente para que cunha donación de 12€, a circunferencia do brazo dun neno desnutrido pasaría de 12 a 14cm.

Responde:

Cal é o raio e o diámetro dun brazo de 12cm de circunferencia?

Que incremento ten o diámetro ao pasar de 12 a 14cm de circunferencia?

21 nov 2010

Tetractis 47

Sumario:

1º aniversario do blogue Tetractis.
Matemáticas básicas no pentagrama, por Elena López Serrapio.
Regresión linear nas calculadoras.
Reloxos matemáticos para todos.
Taraceas de Fra Giovanni, por Javier Goyanes Souto.

20 nov 2010

Reloxos matemáticos para todos

Para os complexos,
para os radicais,
para os calculadores,
para os matediversos,
para os primos,
.................
.................
...para todos.


19 nov 2010

Historia do 1

Cuarta e quinta entregas deste documental da BBC

18 nov 2010

Tetractis 11-20

Volume (II) recopilatorio dos números de Tetractis, que van do nº 11 ao 20, publicados entre setembro de 2007 e abril de 2008, coa seguinte relación de artigos:
Método de Montecarlo para calcular Pi (nº11), por Enrique Currás.
Polígonos nazarís (nº11).
O triángulo de Sierpinski (nº 12), por Alicia Pedreira.
Arte con números: Tobia Rava (nº 12).
Alberto Durero (nº 12), por Laura Mella e Lucía Santos.
Realismo máxico: Rob Gonsalves (nº 13).
Triángulo de Pascal ou Tartaglia (nº 13), por Sabela Rodríguez e Laura Seoane.
23: o número de Beckham (nº 13), por Gonzalo Temperán.
Matemáticas electorais (nº 14), por Zayen Fernández.
Un gráfico desafortunado (nº 15), por Gonzalo Temperán.
Matemáticos galegos (nº 15), por Ana Romero Ferrreiro e Ariana Varela.

Sangaku, taboíñas matemáticas (nº16), por Alicia Pedreira.
Arte e matemáticas: István Orosz (nº 17).
O rostro humano das matemáticas: poster. (nº 17)
Arte e xeometría: José Mª de Labra (nº 18).
Piero della Francesca e Luca Paccioli (nº 19), por Ariana Varela.
Estruturas xeométricas (nº 19), por Sabela Rodríguez.
Xeometría aérea coruñesa con Google Earth (nº20).
Monte de San Pedro: pura xeometría (nº 20).

17 nov 2010

Premios SecunMat-UAM

O Departamento de Matemáticas da Facultade de Ciencias da UAM convoca a V Edición do Premio para Estudantes de Secundaria co obxectivo de fomentar o interese polas Matemáticas e os temas relacionados con elas.
Premiaranse os mellores traballos presentados, que poderán ser de tipo experimental ou teórico, e en calquera caso, dirixidos a fomentar a creatividade científica e o espírito de investigación en calquera dos ámbitos do coñecemento que teñan relación coas matemáticas.
Poden participar estudantes que durante 2010/11 estean cursando estudos a partir do segundo ciclo de ESO e que preparen un traballo de investigación, de tipo experimental ou teórico, sobre un tema relacionado coas Matemáticas. O traballo pode ter un mínimo de dous e un máximo de 5 autores, e debe ser coordinado por un titor ao menos.

Máis información aquí

Cartel e Bases do Premio.

16 nov 2010

Regresión linear nas calculadoras

Formulario de uso das calculadoras CASIO que utilizan os nosos alumnos para calcular os coeficientes de correlación, coeficiente de regresión, recta de regresión e estimación de valores en variables bidimensionais.
É presiso ter en conta que algúns modelos poden ter algunha variación nos modos de actuación.

15 nov 2010

Mapa MatemáTICo

Tetractis xa forma parte do Mapa MatemáTICo en Google Maps, unha rede de Blogues Educativos, Sitios Web, Páxinas de Departamentos Didácticos de Matemáticas e Wikis dedicados á ÁREA DE MATEMÁTICAS.


Ver Mapa MatemáTICo en un mapa más grande

14 nov 2010

María Wonenburguer

A discreción das ciencias exactas

Un artigo de Paola Obelleiro no País

Foto de Ramón Escuredo no Correo Galego

María Wonenburguer en Tetractis:

Doutora honoris causa pola UDC

Unha rúa para María Wonenburguer

13 nov 2010

A Sagrada Familia

Marabillosa xeometría

(Foto da Voz de Galicia)

Antonio Gaudí proxectou a Sagrada Familia combinando formas xeométricas, elixidas polas súas calidades estruturais, lumínicas, acústicas...: para iso utilizou cuádricas (hiperboloides, paraboloides e elipsoides), helicodes e conoides. O feito de deseñalas coma superficies regradas facilita a súa construción.

O hiperboloide é unha superficie xerada por unha hipérbole que xira arredor dun círculo ou elipse. Nas bóvedas e ventás, o hiperboloide queda limitado por uns estrelados creados con estas liñas rectas. As bóvedas e as ventás son interseccións entre hiperboloides, enlazados con paraboloides grazas a rectas comúns a dúas superficies.

O paraboloide hiperbólico é unha superficie alabeada de seccións parabólicas que é o resultado do desprazamento dunha liña recta enriba de outras dúas que se cruzan no espazo.

O helicoide é unha superficie regrada xerada por unha liña recta que xira segundo unha espiral arredor dun eixe vertical. Con helicoides inventou unha columna nova: a columna de dobre xiro.
O conoide é unha superficie formada por unha recta que se despraza enriba de outra recta e sobre unha curva, por exemplo unha sinusoide. Utilizounos nas cubertas das escolas parroquiais.
O elipsoide é un sólido no que todas as seccións planas son elipses. Utilízase para os nós ou capiteis que subdividen as columnas inferiores en ramas.

Gaudí tamén desenvolveu un sistema de proporcións aplicado a todas as dimensións e todos os elementos do templo.

Para saber máis: A Sagrada Familia-Xeometría

E agora unha visita virtual ao interior do templo:


12 nov 2010

Historia do 1

2ª e 3ª entregas deste documental da BBC




11 nov 2010

Pentaminós online

Xa sabedes que as letras de cabeceira do blogue e do boletín TETRACTIS están construídas cun puzzle de 12 pezas chamadas Pentaminós (ou pentominós).

Un pentaminó é unha figura formada por cinco cadrados unidos polos seus lados. (Tetractis nº1)

Forman parte dunha familia máis ampla, chamada Poliminós, formada por uniminós, biminós ou dominós, triminós, tetraminós, pentaminós, hexaminós...

Tetris é un xogo coñecido por vos, que está formado polos tetraminós e un trimminó.

Aquí tes o xogo online, onde podes construir as figuras que aprecen á dereita.

10 nov 2010

As matemáticas tamén se equivocan

Como podedes explicar esta pregunta que navega por internet?,


Un billón de micrófonos é un megáfono?



9 nov 2010

Me gustan las matemáticas

Un poema de José Antonio Hervás.

Hai un tempo facíamonos eco dun libro titulado Explorar el mundo. Poesía de la ciencia, cunha selección de poemas de Miguel García Posada.
Pois ben, vemos que Miguel García Posada dirixe unha sección de poemas sobre ciencia na páxina web: madrimasd, onde atopamos este poema sobre as matemáticas:

ME GUSTAN LAS MATEMÁTICAS

Como ninguna otra ciencia
Me gustan las matemáticas
Porque agotan mi paciencia
Con cuestiones enigmáticas

Confieso, sin estridencias,
Que me resultan simpáticas
Todas las circunferencias
Y demás curvas cuadráticas

Yo comprendo que la gente
Piense que soy diferente
Porque me gusta soñar

Con las series divergentes
Los números trascendentes
Y la función modular

8 nov 2010

II Concurso de microrrelatos matemáticos


A Facultade de Ciencias da Universidade de Alicante volve a convocar o concurso de microrrelatos baseados no número Pi, é dicir, deberase crear un relato de 20 palabras coa condición de que cada palabra debe levar un número de letras igual ás cifras do número Pi, coma por exemplo:



A mágoa e que está convocado para o alumnado e persoal da Universidade de Alicante, pero facémonos eco neste blogue porque, sen dúbida, é unha actividade interesante que podemos levar a cabo nos nosos centros.



Aquí tes outras propostas de microrrelatos:


Sol y luna a veces consiguen, al pasear entre las nubes, alborear, palidecer nuestra eclipsada tez. En tal tesitura, ¡Huye!

Ven o vete, o mejor, determina si merece vivir así. Lucha, quiérete, afróntalo. ¡Querida, Escúchame! ¡Sal de ese patético coma!


Uno u otro, a saber. Adivinaré si alguno hurta mis panes, obtendré resultado. Ingerir marihuana les da una excesiva risa.

que se poden ler no blogue: Relatos Encallados.

Aínda que este ten máis sona:

“Soy y seré a todos definible

mi nombre tengo que daros

cociente diametral siempre inmedible

soy de los redondos aros”

7 nov 2010

Historia do número 1 (1/7)

Presentamos un vídeo da BBC sobre a historia do número 1, que iremos vendo en sete capítulos:

6 nov 2010

Espiral de Ulam

Unha espiral cadrada de números primos.

O matemático polaco (nacionalizado estadounidense) Stanisław Marcin Ulam (1909-1984), ao parecer aburrido durante una conferencia, empezou a escribir os números naturais seguindo a traxectoria dunha espiral cadrada en sentido antihorario (Espiral de Ulam)
e conforme ía crecendo foi observando que os números primos aparecían con moita frecuencia nas diagonais da espiral,
tal e como se pode observar na figura:

Por certo, Ulam foi coautor do
Método de Montecarlo (método estatístico para aproximar expresións matemáticas, por exemplo, calcula o valor de pi, utilizando números aleatorios) e participou no Proxecto Manhatam ( que desenvolveu a primeira bomba atómica).


No seguinte enlace tes un programa para xenerar a espiral de Ulam

5 nov 2010

Índice de masa corporal (IMC)

Índice de masa corporal (IMC), body mass index (BMI) ou índice de Quetelet é a relación entre o peso (en kg) e o cadrado da estatura (en metros) dunha persoa e trata de medir o seu grao de obesidade, segundo o valor nunha táboa determinada.


Este índice foi ideado, en 1870, polo matemático, estatístico belga Lambert Adolphe Jacques Quételet.
Sen embargo, é bastante problemático utilizar este índice en adolescentes, debido á súa variación, como demostra os seguintes gráficos de percentís do IMC para adolescentes
.

4 nov 2010

Festa da Ciencia en Galego

Construímos papaventos tetraédricos

Para celebrar a festa da Ciencia en Galego, varios grupos de alumnos fixeron papaventos tetraédricos.
O tempo acompañou e fixo sol, pero estivemos con "calma chicha" e os papaventos non voaron.

Aquí tedes o Álbum de fotos desta festa.

3 nov 2010

Parámetros estatísticos na calculadora

Ficha publicada no número 46 de Tetractis, para calcular os parámetros estatísticos (media aritmética e desviación típica, principalmente) en catro modelos de calculadora Casio.

2 nov 2010

Tetractis 1_10

Volume (I) recopilatorio dos dez primeiros números de Tetractis, publicados entre outubro de 2006 e maio de 2007 coa seguinte relación de artigos:
Todo é número? (nº 1), por Iago Fraga.
Pentaminós (nº 1), pola redacción de Tetractis.
Mosaicos nazarís (nº 2), por Alba Arias e Laura Busto.
Códigos e díxitos de control (nº3), por Jurema Pena e Fátima Froiz.
Actividades de aula: Recibos e IVE (nº3).
As matemáticas do Código da Vinci (nº4), por Lucía Merelas e Cristina Rabuñal.
Matemáticas na prensa (nº5), por Iago Fraga.
Mathematical Moments: Combatir enfermidades (nº5), traducido por Marta Tarrío.
Mathematical Moments: Escoitando música (nº6), traducido por Atenea Fdez. Rozadilla.
Un vello método de multiplicar (nº6), por Gonzalo Temperán.
Selección de mulleres matemáticas, (nº6), por Amaya Bouza e Lucía Cabado.
Matemáticas exipcias (nº7), por Beatriz e Mercedes Fdez. Marta.
Fractais (nº8), por Antón Cotelo.
Logotipos e xeometría (nº8), por Ero Maroño e Aida Fdez.
A lenda dos mil grous (nº9)
Curiosidades de pi (nº10), por Cristina Fdez. Pérez.

Tamén podedes ver a sección: Xeometría de papel, por Alicia Pedreira Mengotti

1 nov 2010

Que é unha xunta tórica?

Unha xunta tórica podería ser unha destas opcións:
  • O goberno do pobo tórico, un pobo da antiga Grecia.
  • Unha xunta, pero en vez de ser de bois, de touros.
  • Terá que ver coa xeometría?

Averíguao en xunta tórica, toro, toroide