15 sept 2011

Vota a andar a 5ª promoción de ESTALMAT

O sábado 17, acto inaugural na Facultade de Matemáticas.
O vindeiro sábado día 17 de setembro, ás 10:30 horas, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, dará comezo o acto de inauguración do curso 2011-12 do Proxecto ESTALMAT-Galicia, que ten como obxectivo o estímulo do talento matemático en rapaces de 12 e 13 anos. Asistirán os 25 alumnos de Estalmat-Galicia que forman a 5ª promoción (2011), acompañados das súas familias, autoridades académicas e equipo docente do proxecto. Ao final do acto, os alumnos reciben a súa acreditación das autoridades e profesores e seguidamente sairán en autobús para un campamento matemático durante o fin de semana en Abegondo-Sada, que supón unha toma de contacto entre eles nun ambiente lúdico-matemático.

Participantes na proba de selección de 2011
O acto de apertura do curso estará presidido polo Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan J. Casares Long, que estará acompañado na mesa de autoridades polo Presidente do Comité Organizador de Estalmat-Galicia, o profesor Juan Viaño Rey, pola Decana da Facultade de Matemáticas, Mª Victoria Otero Espinar, ademais dos representantes dos patrocinadores principais de ESTALMAT-Galicia, Manuel Vila López, Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado; Santiago Moreno Fernández, Director General da Fundación Vodafone-España; Victor Pollán Fernández e Covadonga Rodríguez-Moldes Rey, coordinador académico e responsable de relación coas familias de ESTALMAT-Galicia, respectivamente.
Máis información en ESTALMAT- Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario