30 ene 2011

IV Certame de Matmonólogos

O IES Monelos e o boletín de divulgación matemática TETRACTIS, convocan o IV certame de matmonólogos.


(Cartel elaborado pola alumna Paloma Tarrío Alves)
Os participantes presentarán un guión cunha extensión máxima de mil palabras en lingua galega ou castelá. O tema deberá estar relacionado coas matemáticas. Deberán presentarse en formato DINA4, por unha cara, a dobre espazo, con corpo de letra de 12 puntos e encabezados polo título.

Estabelécense catro categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:
  • Alumnado de primaria e primeiro ciclo de secundaria.
  • Alumnado de segundo ciclo de secundaria e bacharelato.
  • Persoas, en xeral, cun mínimo de 18 anos e sen límite de idade.
  • Alumnado do IES Monelos.
O prazo de entrega dos relatos comeza o 1 de febreiro e remata o 28 de abril de 2011, ambos inclusive. Presentaranse no rexistro de entrada do IES Monelos ou enviarase mediante correo ao seguinte enderezo:

IV Certame de Matmonólogos
Departamento de Matemáticas
IES Monelos
Rúa Montes, 62
15009 A Coruña

O xurado comunicará a selección dos guións aos autores antes do 3 de maio de 2011. A defensa farase, ben polo/a autor/a ben por un/ha alumno/a do IES Monelos, nun acto que se celebrará na Aula Xurxo Lobato do IES Monelos o martes, día 10 de maio de 2011 ante un xurado que se formará para a ocasión.

Podes ver as bases:


ou a información sobre as pasadas edicións:

III Certame de Matmonólogos
Convocatoria: cartel e bases.
Gañadores.
Guións finalistas.
Álbum fotográfico

II Certame de Matmonólogos
Guións finalistas

I Certame de Matmonólogos
Guións finalistas
Vídeo dunha gañadora

ou visitar a sección dedicada a Monólogos.

29 ene 2011

1ª xornada do XXIII Open Matemático

Aquí tedes os primeiros problemas da 1ª xornada do XXIII Open Matemático,

27 ene 2011

Obxectos matemáticos cotiás (4)

Cuarto póster con obxectos da nosa vida cotiá para descubrir as súas propiedades matemáticas.

Esta cuarta proposta esta composta por:
  • Logotipo da Corporación Caixa Galicia.
  • Un abanico.
  • A sinalización vial horizontal.
  • Logotipo de Oysho (unha tenda do grupo Inditex).
  • A fachada da Domus (A Coruña).
  • Os viais de saída ou acceso a unha autovía. 
Deixa as túas respostas en "comentarios".



Póster nº 1          Resolución do póster nº1

Póster nº 2          Resolución do póster nº2

Poster nº 3          Resolución do poster nº3

Outros obxectos:

Resolución de obxectos matemáticos (3)

3º poster de Obxectos matemáticos cotiás.

Máquina elíptica
Como podemos observar na seguinte foto (o código html da simulación en Geogebra parece incompatible con Blogger), o mecanismo dunha máquina elíptica consta dun émbolo, un de cuxos extremos recorre unha circunferencia e o outro extremo recorre un segmento, que contén un punto P (onde se apoia o pé) que descrebe unha elipse.


 

Xaneiro, un mes case único

Este mes de Xaneiro de 2011 é un mes moi especial xa que ten:

  • 5 luns
  • 5 sábados
  • 5 domingos
 e esto pasa cada 823 anos.

Seguro que este feito nolo contou José Mª Barja na charla, Clases de restos...santos, que impartiu co motivo do IX Aniversario de AGAPEMA.

26 ene 2011

O problema de Monty Hall

Un problema de probabilidades condicionadas.

O problema de Monty Hall é un problema matemático de probabilidades que está inspirado no concurso televisivo americano Let's Make a Deal (Fagamos un trato).
O nome do problema ten a súa orixe no nome do presentador do concurso: Monty Hall.


Podes ver unha simulación aquí
ou ver o planteamento no capítulo 13 (1ª temporada) da serie Numb3rs

ou na película 21 Black Jack.

20 ene 2011

Tetractis 49

Sumario:
Centenario da morte de Durán Loriga.
Intypedia.
Concursos de resolución de problemas.
Xeometría mineral, por Iria Martínez Amado.
Matemáticas na vida cotiá, por José M. González Díaz.

17 ene 2011

Actividades de resolución de problemas

Xa temos as datas de todas as actividades de resolución de problemas, que por orde cronolóxica son:




Olimpíada Matemática 2011

Venres, 21 de xaneiro





XXIII Open Matemático
1ª xornada:   31 de xaneiro
2ª xornada:    7 de febreiro
3ª xornada:  14 de febreiro
4ª xornada:  21 de febreiro
5ª xornada:  28 de febreiro
6ª xornada:    7 de marzo
7ª xornada:   10/11 marzo



Xoves, 17 de marzo


Luns, 28 de marzo






Fase de zona: 8 de abril
Fase galega: 20 de maio (Vigo)
Fase nacional: 21-30 de xuño (Vigo)

1ª Xornada do Open Matemático

Comezou a primeira xornada (dun total de 7) do XXIII Open Matemático.

Nesta xornada compre resolver catro problemas e as súas respostas deberanse entregar antes do luns, día 31 de xaneiro, ás 10:30 h.

Os alumnos do IES Monelos xa dispoñen dos problemas a resolver (por razóns técnicas no se publicarán ata que remate o prazo de entrega).

Podes ver as bases aquí:  Bases

As persoas que queiran participar a través do IES Monelos teñen que mandar un correo a:

Os alumnos que queiran participar a través do seu centro terán que facelo a través do Dto de Matemáticas, dándose de alta no correo electrónico:

15 ene 2011

Juan Jacobo Durán Loriga

Este ano celebrarase o centenario da súa morte.


Juan Jacobo Durán Loriga, matemático coruñés, naceu na Coruña o 17 de xuño de 1854 e finou tamén nesta cidade o 3 de decembro de 1911.

Máis información na galipedia: Juan Jacobo Durán Loriga.

E con motivo deste centenario, recuperamos a exposición realizada, no ano 2000, por Santiago López Arca e Gonzalo Temperán Becerra, coordinadores, no seu momento, do Club Matemático Durán Loriga con sede no IES Ramón Otero Pedrayo.

Actividades con Tetractis

A profesora de Matemáticas, Sonia Portos, do IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, remítenos a actividade con Tetractis que está facendo cos seus alumnos.


Grazas e a disfutar

9 ene 2011

Sistemas de cifra con clave pública

Terceira entrega da Enciclopedia da seguridade da información (Intypedia), sobre o sistema de cifrado en clave pública.

7 ene 2011

Sistemas de cifra con clave secreta

Segunda entrega da Enciclopedia da seguridade da información (Intypedia), sobre o sistema de cifrado en clave secreta

4 ene 2011

CRIPTOLOXÍA

Despois da última entrada (Intypedia) recordei o artigo, sobre Criptoloxía, que podes ler a continuación e no que podes facer as actividades propostas,




co que participei no proxecto de ESTALMAT, titulado Matemáticas para estimular o talento
do que se facía referencia en Tetractis 36.

Este libro pódese adquirir na Sociedade Andaluza de profesores de matemáticas Thales,

3 ene 2011

Intypedia

Enciclopedia da seguridade da información


Intypedia é un proxecto da rede CRIPTORED, un espazo virtual sobre o mundo da seguridade.
Consistirá nunha colección de vídeos presentados por dous avatares: Alicia e Bernardo.
Pódelos ver no enderezo: http://www.intypedia.com/

Agora, podedes visualizar a presentación do proxecto



e tamén o primeiro vídeo titulado: Historia da criptografía

1 ene 2011

2011, ano primo

No século XXI haberá 14 anos primos.

Este ano que comeza xa é o segundo primo deste século, cal foi o primeiro?, cal é o último? (¡Averíguao!).

Tamén hai 3 pares de primos xemelgos, (que son?)

Matemáticas exipcias

Unha páxina web, de Francisco López, para coñecer todo sobre as matemáticas exipcias:
Papiro Rhind
Ten dúas partes:

  • Conceptos básicos
  • Calendario civil
  • A medición do tempo
  • Escritura das datas

  • Números cardinais e ordinais
  • Nomes dos números
  • Aritmética de números enteiros
  • Fraccións. Operacións. Ollo de Horus
  • Álxebra
  • Repartos proporcionais, regra de tres e progresións
  • Xeometría. Trigonometría.
  • Unidades, pesos e medidas.
  • Papiro Rhind e papiro de Moscú