25 jun 2012

Premios II Incubadora de sondaxes

A entrega de premios e mencións do II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos celebrouse o pasado xoves, 22 de xuño, na Facultade de Matemáticas de Santiago.

Posaron para a foto todos os alumnos premiados, cos seus titores e a mesa presidencial,
Máis información na Voz de Galicia e Sgapeio

O equipo do IES Monelos, despois de recoller os diplomas pola Mención na categoría de 1º ciclo de ESO, polo seu traballo: Como cae unha chincheta?

2 comentarios:

  1. Parabéns pola mención!
    Por certo, Gonzalo, foi unha casualidade agradable a de atoparnos por Cedeira no 25 aniversario do I.E.S. Punta Candieira.

    ResponderEliminar
  2. Perdoa, Gonzalo, por utilizar este medio para facer este comentario.
    Hai meses que non nos vemos (desde xullo), pouco máis desde que este blogue está inactivo. Só quero dicirche que boto de menos a súa actividade. Supoño que haberá unhas razóns, e non é a miña intención pedirche que reconsideres nada. Pretendo, simplemente, expresarche que boto de menos as noticias, boletíns,... que aquí aparecían. Non me gustaría que tirases a conclusión de que tanto ten que fagas cousas como que non. Nótase. Eu o noto, e seguro que a comunidade educativa do IES de Monelos moito máis. Unha aperta. Quique Pujales

    ResponderEliminar